Galiza rinde homenaxe a José Martí no 159 aniversario do seu nacemento

Este próximo sábado 28 de xaneiro ás 12:30 hs da mañá, terá lugar en Vigo unha homenaxe a José Martí con motivo do 159 aniversario do seu nacemento. O Consulado Xeral da República de Cuba en Galiza e a Asociacion de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil" honrarán a memoria do poeta e heroi nacional cubano perante o seu monumento nos xardíns de Montero Ríos (moi perto do Náutico e fronte ao porto deportivo) na cidade de Vigo.
A homenaxe consistirá nunha ofrenda floral, un discurso sobre o símbolo da independencia cubana a cargo do Cónsul Xeral da República de Cuba en Galiza, Alejandro Fuentes Hernández e a intervención do presidente da Asociación de amizade, estando prevista a presenza doutras doutras representacions de países amigos de América Latina.
O PCPG chama a apoiar este novo acto organizado polo Consulado Xeral da República de Cuba na Galiza e a Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil" e convidamos as/os camaradas e a todas as amigas e amigos de Cuba e aos cubanos e cubanas residentes a asistir a este acto de lembranza do centro cincuenta e nove aniversario do nacemento de José Martí.