SOBRE O XENERAL LISTER [I]: [Entrevista co seu fillo]

Na foto: O entrevistado, Enrique Lister (fillo) foi catedrático da Universidade de Poitiers-Francia.
Resumo da entrevista realizada o 9 de Maio de 2007. "A Nosa Terra". Número 1.265.

[Premer nas fotos para aumentar o seu tamaño]


"O LEGADO DE LISTER ONDE TEN QUE ESTAR É EN GALIZA"
É unha parte pequena da súa importante historia. Estou disposto a traballar coa Xunta para tentar xuntar todo o seu legado, que aínda está bastante disperso e non totalmente catalogado. O que posuímos eu e os meus irmáns está á disposición dos galegos. Hai que ver se se restaura a súa casa, ou onde é mellor instalalo. Hai que ter en conta que o internacionalismo de Líster, o ser xenreral de catro exércitos en catro países, non lle priva de ser profundamente galeguista"
Director do Departamento de Estudos Eslavos da Universidade francesa de Poitiers, historiador e filólogo, Enrique Lister ten múltiplas facetas, todas elas interesantes para ser entrevistado. Pero, nesta ocasión reproducimos un anaco de conversa da que falamos do seu pai, o xeneral Líster, e das vivencias ao seu carón, logo de participar nunha homenaxe que lle ofreceron na súa terra natal.
Que supuxo para vostede o ser fillo de Henrique Líster?
Ser fillo de alguén cunha personalidade tan forte e tan marcada non influíu negativamente, moi ao contrario. As relacións de fillo a pai nunca foron conflitivas porque Líster nunca tentou impornos nada na nosa educación. Para el non existía iso de que hai que facer, tes que facer... El predicaba co exemplo e mostrábanos o xeito de comportarnos, coherente e exemplar en todas as circunstancias.  [Continuar a ler]